miércoles, 25 de enero de 2023

MARÍN. PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO 2023. DO 17 DE FEBREIRO AO 2 DE MARZO

O autor do cartel, Luis Vilas, flanqueado polas concelleiras, Marián Sanmartín (Festas) e Beatriz Rodríguez (Cultura) durante o acto de presentación da programación do Entroido Marin 2023.  

A maxia e a diversión do Entroido de Marín xa ten imaxe. As concelleiras de Festas e de Cultura, Marián Sanmartín García e Beatriz Rodríguez Gómez, respectivamente, presentaron o cartel que servirá para ilustrar esta época festiva no 2023, xunto co seu autor, Luis Vilas. 

Unha das partes máis representativas do cartel e en xeral de todo o Entroido nesta ocasión é a nosa famosa sardiña, xa que este ano o Enterro da Sardiña está solicitada como Festa de Interese Turístico de Galicia. Precisamente, os centros escolares contarán con velorios e charlas sobre o Enterro entre os días 13 e 17 de febreiro, para poder achegarlles aos máis pequenos todo que se agacha detrás desta tradición, que é tan relevante dentro do noso calendario do Entroido. A partir de entón, os días estarán cheos de actividade. 

Venres 17 de febreiro ás 21.00 h teremos Cantos de Taberna polos bares de Marín, organizado en colaboración cos Saljariteiros. 

Sábado, 18 de febreiro, ás 16.30 horas será o Desfile Infantil polas rúas de Marín (Alameda, Real, Praza do Reloxo, Sol, Concepción Arenal e Parque Eguren), con inscrición previa ás 16.00 horas no Palco da Música. A partir das 17.00 horas, será a Gran Festa Infantil no Parque Eguren, con música, animación e obradoiros e filloas de balde. 


Domingo, 19 de febreiro, a animación polas rúas de Marín coas comparsas marinenses “Os Paparrulos” o “Os da Caña” comezará ás 12.30 horas. Despois, pola tarde, ás 17.00 horas, será o Gran Desfile de Disfraces e Carrozas pola Praza do Regueiro, a Avenida de Ourense, a Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal e o Parque Eguren, onde se realizará a entrega de premios. 

Luns, 20 de febreiro, o Concello de Marín acollerá todo o día o velorio á Sardiña, en colaboración co Ateneo Santa Cecilia, pero non todo será chorar. Pola mañá, as 12.00 horas, Amigos dos Rapaces e o Concello organizan a tradicional Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area. Despois, ás 16.30 horas, seguirá sendo o momento dos máis pequenos da casa coa festa infantil, tamén la Lameiriña, amenizada polo grupo Los Coleguitas.  

Martes, 21 de febreiro, entre ás 17.00 a 21.00 horas a terceira edición das Ludoxornadas, no Museo Torres. Ás 18.30 horas, na Alameda, o Concello organiza o espectáculo Circocido con Tom e Son e ao rematar, chocolatada de balde. A partir das 19.00 horas, entregaranse os premios do Concurso de Orellas e Filloas do Ateneo Santa Cecilia. 


Mércores, 22 de febreiro será o momento máis triste do Entroido. Ás 17.00 horas, arrancará o Velorio do Enterro da Sardiña no Palco da Música e ás 20.00 horas será o enterro, coa comitiva que pasará pola Alameda, Jaime Janer, Busto de Abaixo, Dr. Touriño e Rúa do Sol, ata chegar á Praza do Reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar, sairase pola rúa Real en dirección ao Paseo Alcalde Blanco, para despedir á sardiña no mar. 

Sábado, 25 de febreiro, Seixo será o epicentro do Entroido coa animación da Charanga Noroeste polas súas rúas ás 16.30 e media hora despois co Desfile de Entroido, desde San Blas ata a Alameda de Seixo, organizado polo Grupo Cultural Ronsel. Haberá homenaxe á Burra Chirica, figura tradicional do Entroido de Seico, e sesión de música e baile. 

Domingo 26 de febreiro, chegará a recta final do Entroido ás 12.00 horas coa degustación do Bolo do Pote a cargo de Pousos da Area na Alameda Rosalía de Castro, organizado polo Concello de Marín. Animarán esta festa a Charanga Jalácticos.


AGRADECEMENTO

De novo, as concelleiras quixeron destacar e agradecer a enorme implicación que teñen as asociacións de Marín que “sempre foron o gran motor do Entroido” e aseguran que este ano será unha edición destas festas moi atractiva, con actividades e opción de ocio para todas as franxas de idade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario