PREMIOS LITERARIOS
O xornalista marinense Manuel Villanueva de Castro gañador do XXIX Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico 'Alvaro Cunqueiro'
O xornalista marinense Manuel Villanueva de Castro gañador do XXIX Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico 'Alvaro Cunqueiro'
Asi o acordou o xurado polo seu traballo periodístico 'Breve
historia de un cocido gallego en Madrid'
Foto: LvdG |
MARÍN. 23.01.2023. O periodista marinense Manuel Villanueva de Castro fíxose por unanimidade do xurado co XXIX Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”, promovido polo Concello de Lalín en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, coas asociacións gastronómicas galegas e coa Axencia Turismo de Galicia (Xunta de Galicia) e recoñecido como o premio gastronómico máis importante do Estado.
Villanueva de Castro foi elixido polo seu traballo
xornalístico “Breve historia de un cocido gallego en Madrid” por
considerarse moi literario, recollendo palabras con fondo e forma que saben a
cocido, aos 17 ingredentes de Cunqueiro e a conto do avó ben traído por un
xornalista que esculpe palabras que saben a bo xornalismo, a oficio de vocación
antiga, do pracer que se acosta nas mesas da luxuria gástrica e se acompaña de
produto, amizade e historia. Escribir é dixerir palabras e desgustalas ca orde que
impón a vida, a experiencia, a cultura e as gañas de contar. Eso é Galicia”,
segundo argumenta o xurado.
Manuel Villanueva de Castro recibirá o premio o venres 10 do vindeiro mes de febreiro na Gala de Gastronomía de Galicia que será
retransmitida pola TVG desde o Lalín Arena. (Leer más información)
No hay comentarios:
Publicar un comentario