domingo, 26 de marzo de 2023

MARÍN. A ENTREVISTA DO DOMINGO. LUCIA SANTOS OMIL, PORTAVOZ DO BNG E CANDIDATA A ALCADESA. "NO BNG APOSTAMOS POR ABRIR MARÍN O MAR

Lucía Santos, portavoz do BNG, dixit: A práctica totalidade do casco urbano de Marín, dende o límite con Pontevedra no Cantodarea até a finalización dos terreos ocupados pola ENM no vial de praias, que suman un total de 2,30 quilómetros, está pechado ao mar, con apenas dous pequenos accesos no Parque Azul e no Paseo Alcalde Blanco.



MARÍN. 26.03.2023. A portavoz do BNG Lucía Santos manifesta, como xa o fixera publicamente no pasado mes de xaneiro, que “o BNG está en contra do proxecto do PP de eliminar o cemiterio de barcos do vello peirao”, pero considera, como recoñece na seguinte entrevista, que “cómpre ir máis alá desta reivindicación" e propón unha nova ubicación para a piscina de auga salgada proxectada por lo goberno do PP enmarcado dentro do Plan de Sostenibilidade Turística financiado cos fondos europeos Next Generation, 
- Parece que para o BNG non e suficiente o que se acordou na asamblea constituinte da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Histórico Marítimo?
-O BNG comparte plenamente a reivindicación de conservar o cemiterio de barcos e o goberno municipal debería apostar por protexer e conservar este espazo que forma parte da memoria do noso pobo e o último que Marín precisa é seguir destruíndo o patrimonio que aínda conservamos; pero Marín, como pobo mariñeiro, non pode continuar de costas ao mar, polo que cómpre ser máis ambiciosos e reivindicar a recuperación de máis espazos da nosa fachada costeira”
-O BNG dí ‘non e non’ a piscina de auga salgada…?
- Nos pedimos que o PP recapacite e non se leve a cabo este proxecto onde pretenden facelo e propoñemos unha nova ubicación para a construción da piscina 
-Onde..
-No tramo do Paseo Alcalde Blanco entre a zona de atraque dos barcos de pasaxeiros da ria e o mirador do final do paseo.
-Fala vostede de ir máis alá na recuperación de espazos da nosa fachada costeira, ¿cómo cales?
-É tempo de que o pobo de Marín recupere o dereito a gozar de espazos públicos na nosa fachada costeira. O Porto de Marín e a Escola Naval Militar ocupan un espazo de aproximadamente105 hectáreas, e o BNG considera que Marín precisa recuperar terreos, tal e como xa fixeron en cidades como Ferrol, Vigo ou Vilagarcía de Arousa..
- Qué razóns hai para iso...
-O pobo de Marín foi moi xeneroso e no BNG consideramos que é o momento de ampliar notoriamente a liña de colaboración actual cos Ministerios de Defensa e Fomento, polo que apostamos por, mediante a negociación con estes Ninisterios, gañar espazos para a veciñanza e así abrir Marín ao mar, que é unha demanda unánime do pobo de Marín.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario