jueves, 16 de marzo de 2023

MARÍN. OBITUARIO. CONDOLENCIAS DEL CONCELLO DE MARIN POR LA DEFUNCIÒN DE LOURDES BROULLÓN FERRADÁS

Lourdes Broullón, (a la derecha de la alcaldesa) en el acto del Dia da Muller (Marzo 2020)

MARÍN. 17.03.2023. O Concello de Marín quixo esta mañá mostrar as súas condolencias aos familiares e seres queridos de Lourdes Broullón Ferradás, que faleceu recentemente e que formaba parte da Consello Municipal da Muller dende xaneiro de 2016. Muller activa, comprometida e cun gran sentido do activismo social, formaba parte da Asociación Veciñal de Santa María do Campo. Foi unha das mulleres homenaxeadas durante o acto do 8 de marzo do 2020, adicado ás mulleres coidadoras. E é que Lourdes era unha coidadora en todas as súas facetas: foi coidadora non profesional dun familiar durante moitos anos, era avoa con responsabilidades parentais e tamén era coidadora da súa contorna, da terra e da unidade veciñal. Desde todo o Concello e especialmente desde o CIM, mostramos o noso máis sentido pésame.

No hay comentarios:

Publicar un comentario