lunes, 7 de febrero de 2022

MARÍN. O AUDITORIO QUE NON DA CHEGADO. A ALCALDESA, MARÍA RAMALLO, ANTE UN NOVO PROCESO DE LICITACIÓN

"Avaliadas todas as opcións posibles, traballaremos para actualizar o orzamento global da obra e así volver iniciar o proceso de contratación con todas as garantías" 


MARÍN. 07.02.2022. “A contratación de obra pública (así como a privada) está a vivir unha situación moi delicada, cun incremento dos prezos moi fóra do común, chegando a experimentar sobrecostes nas materias primas e materiais, o que encarece os proxectos de maneira moi significativa”, con esta introducción a alcaldesa, María Ramallo, xustificaba este fin pasado fin de semana de que “se había retirado a proposición presentada por la empresa licitadora das obras do Auditorio polo que, polo tanto, se consideraba que a licitación quedaba deserta”.
Ante a nova situación -que supón un escollo no camiño de convertirse en realidade o prometido Auditorio- na que se atopa o proceso de adxudicación das obras a rexidora municipal dí que “hai que poñerse mans a obra para iniciar un novo proceso de licitación”, co retraso que esto supón para o plazo de execución previsto para 2025. “Temos que ter en conta, di Maria Ramalñlo, que o proxecto  é do 2019, e fíxose en base aos prezos daquel entón, que non teñen nada que ver cos números actuais e avaliadas todas as opcións posibles, traballaremos para actualizar o orzamento global da obra e así volver iniciar o proceso de contratación con todas as garantías”. E añade que “non podemos evitar este escenario de absoluta incertidume para as empresas e as administracións, que ve imposible defender proxectos con prezos obsoletos e evitar presentarse, para non asumir unha inestabilidade na execución que poida acarrear problemas graves”.
Outra pregunta é como afectará o trámite dunha nova licitación o plazo previsto para contar co Auditorio. O que a alcaldesa sostén que “a parte negativa é que suporá un retraso duns meses o inicio dos traballos”, e asegura “que xa está en marcha a tramitación e reinicio do novo proceso de licitación. “Farémolo con todas as garantías e con toda a rigurosidade, tal e como se fixo ata agora. Pero non podemos ser alleos á realidade e debemos actuar en consecuencia, para seguir traballando na consecución dun equipamento socio cultural que consideramos fundamental para a nosa vila”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario