lunes, 14 de febrero de 2022

MARÍN. HE AHÍ A CUESTIÓN. O VOTO EN CONTRA DO BNG ANTE O PLAN ESTRATÉXICO XUVENIL DO PP-PSOE. POR LUCÍA SANTOS OMIL

"Non apoiamos a proposta dun plan baleiro de contido, votar a favor de algo que non funciona sería autoengañarnos"




Na cuestión de alternativas de ocio para a mocidade en Marín, non existe ningún tipo de plan real para dinamizar actividades que fomenten as relacións sociais seguras entre a xente nova pero nin dende o goberno municipal nin dende o goberno autonómico. Desgrazadamente, o que medra é o ocio nocturno e nin tan sequera en Marín, xa que a mocidade desprázase a outras localidades. 
Desde o Bloque Nacionalista Galego consideramos que é preciso incentivar a cultura e o deporte de base entre a mocidade, incentivar tamén o asociacionismo xuvenil, como ferramenta de dinamización da actividade entre a xente moza e fornecedor de adquisición de competencias chaves como a corresponsabilidade, o debate para a chegar a acordos e o emprendemento. E todo isto non entra na axenda deste goberno municipal como así o vén demostrando o goberno do PP. Cando no 2018 dende o BNG solicitamos que se dotara ao concello de Marín dunha casa da xuventude, o PP rexeitou a proposta chegando incluso a ridiculizar a proposta como innecesaria para tres anos despois anunciar o proxecto  dun centro de ocio xuvenil no local do antiguo Liceo Casino, e a que se debe isto? Pois á clara e evidente improvisación que vén demostrando o goberno do PP…
Polo de agora, aplaudimos o cambio de opinión do PP e da necesidade dun local para levar a cabo actividades destinadas para a mocidade. Logo veremos si ese local se enche de contido, porque para que o local sexa un punto de reunión para a mocidade non basta con dotala de wifi…. E até agora non sei si debido á falta de local ou a falta de ideas ou directamente falta de interese, a oferta de lecer para a mocidade deixa moito que desexar.
En todo o ano 2021 o concello tan só ofreceu catro actividades enfocadas á mocidade, o que vén a demostrar que non existe área de  porque xuventude xa que axenda para a mocidade non se pode xustificar con eventos deportivos promovidos polos clubes. Simplemente non teñen axenda de ocio xuvenil.
Non apiamos a moción do PSOE coa enmenda do PP na que presentan o Plan Estratéxico da Xunta porque non hai tal plan.  Moita teoría pero na práctica é inexistente. Falan de 125 medidas pensadas en seis ámbitos de actuación: Emprego. Rural. Talento e creatividade. Formación. Participación. Xacobeo 2021
Moita letra sen levar nada á práctica a día de hoxe. Crearon unha oficina virtual de emancipación xuvenil que está baleira de contido polo que non apoiamos a proposta dun plan baleiro de contido, votar a favor de algo que non funciona sería autoengañarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario