viernes, 17 de febrero de 2023

MARÍN. A CEN DÍAS DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS. POR LUCÍA SANTOS OMIL. PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG MARIN



“Estamos traballando para conformar un proxecto ambicioso e ilusionante coa finalidade de construir o Marín dinámico, vivo e con futuro que todos e todas as marinenses soñamos”

Hoxe, dezasete de febreiro, alcanzamos a fronteira dos 100 días para as vindeiras eleccións municipais do domingo 28 de maio. 

Como sabedes o BNG de Marín presenta unha lista integrada por unha ampla equipa de persoas íntegras, leais e honestas, capaz de darlle un cambio de rumbo ao Concello e poñer en marcha políticas transformadoras para mellorar a vida das persoas do noso Marín que tanto queremos.

Levamos moitos meses traballando de forma activa neste proxecto con reunións e aportacións de moitas e moitos marinenses, con equipas de goberno doutros concellos para recoller as súas experiencias e dos grupos internos de traballo semanal do programa electoral.

Froito dese traballo o BNG de Marín, con máis de sete meses de antelación á data das eleccións municipais, xa presentou o primeiro tramo da súa candidatura o pasado 14 de outubro, co apoio da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, de alcaldesas e alcaldes do BNG de Allariz, Poio e da comarca de O Morrazo, representantes municipais doutros concellos como Pontevedra, Soutomaior,... e parlamentarios autonómicos.

Temos que ser conscientes que estamos tratando de poñer a primeira pedra dun proxecto moi ambicioso e que levará moitos anos levar adiante tal e como nos queremos, pero temos que dar entre todas e todos un primeiro paso para o cal pedimos a vosa confianza e o voso voto. Estamos convencidas de que a maquinaria municipal funcionará dun xeito moito máis eficientes, áxil e transparente do que até agora.

Nós non queremos ocupar o poder, senón que tal e como indiquei no acto de presentación do primeiro tramo da candidatura o pasado 14 de outubro “estamos traballando para conformar un proxecto ambicioso e ilusionante para Marín, coa finalidade de construir o Marín dinámico, vivo e con futuro que todos e todas as marinenses soñamos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario