domingo, 21 de agosto de 2022

MARÍN. CAMIÑO AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. LUCIA SANTOS OMIL, REELEXIDA CANDIDATA A ALCALDESA POLO BNG


Con un adianto sobre outras formacións política locais, o BNG de Marín fixo público que Lucía Santos Omil foi elexida candidata á alcaldía encabezando a lista que a formación nacionalista marinense presentará aos comicios municipais de 2023, elección que foi respaldada nun acto que contou coa participación de militantes así como do Responsábel Comarcal do Morrazo, Paulo Ríos, e o Responsábel Local de Pontevedra, Demetrio Gómez, todo elo producto do debate interno sobre asuntos municipais no que estivo inmerso o BNG marinense hai varios meses e no que se realizou unha valoración do traballo realizado nestes anos.

O Responsábel Local do BNG de Marín, Xurxo Agra adiantou que “podemos afirmar que estamos razonablemente satisfeitos do traballo realizado e que está realizar a candidata a nivel municipal e en canto ao futuro, afirma que “o BNG ten o foco posto en incrementar dun xeito importante a nosa representación no Concello e ser o axente principal do cambio que Marín precisa. Polo que tendo todo isto a Asemblea Local do BNG de Marín acordou por unanimidade outorgar a plena confianza a Lucía Santos para encabezar novamente a candidatura do BNG de Marín nas vindeiras eleccións municipais de 2023.

“Consideramos que o perfil de Lucía Santos é o idóneo para liderar o equipo que estamos configurando tendo en conta as moitas cualidades que reúne a candidata”, dixo X. Agra, quen remata manifestando que “é unha compañeira que leva demostrado sobradamente o seu compromiso con esta organización e é concelleira desde 2015, o que lle outorga unha importante experiencia. Amais, mantén un permanente contacto coa rúa, coa veciñanza. Por todo isto, Lucía Santos é a candidata ideal para o BNG de Marín.”

Pola súa banda a alcaldable do BNG lembrou que “durante estes últimos anos traballei arreo para representar dignamente a miña organización, facer unha oposición construtiva ao PP e tratar de facer un Marín mellor para os veciños e veciñas do noso concello. Con esta designación a militancia do BNG de Marín recoñeceu este traballo. É por iso que estou enormemente orgullosa do traballo realizado, agradecida aos compañeiros e compañeiras, e ilusionada ante os retos que temos por diante.”

(Leer máis)

No hay comentarios:

Publicar un comentario