"Os donos están fartos de ser acusados en xeral, cando a maioría fai as cousas como hai que facelas" (Itziar Álvarez, concelleira do PP)
MARÍN. 13.04.2021. O Concello de Marín leva varias campañas de concienciación para que a xente que ten cans sexa consciente da obriga que ten de manter a nosa vila limpa cando os pasea. Por lembrar… fíxose unha cuns cubos, outra cunha viñeta de Davila, diversas iniciativas en prensa facendo chamamentos á responsabilidade da cidadanía…
Hai un mes decidimos prantexar unha nova campaña para este ano, para que os donos dos cans tamén levasen botellas de auga, para minimizar os problemas no mobiliario urbano dos ouriños dos cans. En Marín a mayoría dos donos cumpren as normas e por iso apostamos pola concienciación fronte á penalización constante, porque sabemos que é a mellor vía para seguir traballando nunha cidadanía que xa é cumplidora.
Como digo, levamos tempo traballando nesta campaña. Despois de pedir os orzamentos correspondentes para poder producir as botelliñas, decidimos acudir aos datos do censo municipal de cans para saber cantos había censados e detectar, deste xeito, que podíamos aproveitar esta campaña para recordarlle á poboación que este trámite, o de censar ao seu can, é obrigatorio e é importante telo actualizado.
A día de hoxe xa se foron incrementando eses censos, pero por redondear, temos máis de 600 cans en Marín, polo que temos claro que con respecto á recollida de excrementos é unha minoría a que non cumple… Porque senón, a tres saídas diarias por can, imaxénese como estarían as rúas de Marín. Por tanto, por unha banda, incido no bó comportamento da gran maioría dos cidadans, e no bo traballo que se realizou desde o Goberno local nos últimos anos a través das campañas de concienciacións, que fixeron o seu efecto. E, por outra banda, consideramos que a esa minoría que non cumpre é a que hai que convencer e concienciar.
Os cans en Marín están totalmente insertados na sociedade urbana. Ningún supón problemática algunha. Dentro deses 600 cans censados, 300 son de raza perigosa. E iso, non supón un problema a maiores sempre que o animal saiba convivir en sociedade. Non temos incidentes na nosa vila relativos a isto, por tanto, de novo, incido na boa convivencia que existe.
No que respecta á moción do PSOE, propoñendo que se cambie unha ordenanza que xa existe e que é efectiva para endurecela. Cambiar unha ordenanza, supón un trámite longo. E, como dicía ao principio, non é preciso modificar as cousas que funcionan porque, repito, a xeralidade dos donos de cans cumpren perfectamente coas normas, polo que non hai que criminalizalos de ningún xeito.
Nós seguiremos coa nosa idea de concienciar, facilitar e educar. Xa comezamos xa a repartir as botelliñas de regalo, para que os donos poidan levar nos paseos dos cans e limpar así os seus ouriños. E con esa axuda e a campaña de concienciación asociada consideramos que se fai o traballo preciso para seguir mantendo un Marín limpo, co compromiso de toda a sociedade.
Por iso hemos votado en contra da proposta. Alegrámonos, así a todo, que esteamos na mesma liña no que se refire a buscar formas de manter a nosa vila limpa, pero diferimos na forma de plantexar cales deben ser as vías a seguir para conseguilo. Para empezar, vostedes propoñen que se utilice auga e amoníaco, cando non se recomenda o uso desta sustancia, senón que é abondo con auga ou como moito, mezclada cunha sustancia degradable e sostible, como o vinagre, por exemplo, ou algúns tipos de xabón.
Ademais disto, se nos dí que poñamos na ordenanza “impedir que fagan as súas deposicións ou excrementos na vía pública, edificios…”. Non sabemos como se pode impedir iso, porque o control é prácticamente imposible. O que se ten que facer é traballar na concienciación desa minoría, como xa dixen antes.
Este é un tema no que seguiremos traballando, porque ter un Marín cada vez máis limpo, no que garantamos a convivencia de todos, é o noso obxectivo. E os donos de cans están fartos de ser acusados en xeral, cando a maioría fai as cousas como hai que facelas. E para iso estamos, para facer campañas exitosas, que consigan cousas boas para a cidadanía, que é o que queremos todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario