domingo, 23 de abril de 2023

MARÍN. OPINIÓN. RÉPLICA DE MANUEL SANTOS (PP), CONCEJAL DE FACENDA AL PORTAVOZ SOCIALISTA MANUEL PAZOS

"Insistimos no balance positivo na xestión económica levada a cabo no concello a longo de todos estes anos e a boa saúde das arcas municipais"

Vistas as declaracións feitas polo portavoz do PSdG-PSOE Manuel Pazos Lamoso, procedemos a contestar para aclarar certas cuestións. Non sabemos se é por ignorancia, descoñecemento ou mala fe, pero afírmanse certas cousas que non son certas ou que precisan de aclaración para entendelas mellor

En canto a que non se cumple o principio de estabilidade orzamentaria, temos que dicir que dende o ano 2020 pola crise da pandemia, está en suspenso o cumprimento das regras fiscais, entre elas a estabilidade, polo que non se ten por que cumplir a mesma. Esta é unha medida para facilitar que os concellos puidesen utilizar os Remanentes de Tesourería sen ningún problema. 

Que se produza o dato da inestabilidade ten dous motivos como se expresa no informe de Intervención: a utilización dos remanentes de Tesourería que se utilizaron no ano 2022 para a execución de inversións e tamén pola contabilización obrigatoria da liquidación negativa de máis de 1 millón de euros na participación de tributos do estado do ano 2020 ( ano de pandemia ).

En canto á débeda, dicir que estamos nun nivel do 28% de endebedamento, cando temos ata o 110% posible de endebedamento. E curiosamente 2.500.000.-€ desa débeda, son froito do pago da sentencia que obrigou ao Concello a pagar á empresa Urbaser por non  facer a revisión de precios no contrato de recollida de lixo subscrito polo bipartito no que estaba gobernando o PSOE ( que por certo por coherencia votaron a favor no Pleno para este préstamo ). Polo tanto, eles mesmos son tamén responsables da mesma.

E o resto da débeda foi destinada a inversións, posto que como xa temos comentado en innumerables ocasións, co orzamento municipal non hai recursos suficientes para destinalos ao capítulo de inversións. Pero por outro lado o Sr. Pazos Lamoso por exemplo ven pedindo que solicitemos un préstamo de máis de 6 millóns de euros para levar a cabo dende o propio concello un aparcamento soterrado municipal ou que nos sigamos endebedando para facer máis inversións. A incoherencia é total por parte do portavoz socialista. Tal e como di tamén, os aforros reducíronse 2 millóns de euros nos últimos anos. Lóxicamente é certo, posto que foi necesario adiantar a financiación dos proxectos que se veñen executando cos fondos europeos ( que posteriormente serán reintegrados por parte do Ministerio ), e tamén para a execución de todas as obras e proxectos que se executaron utilizando eses remanentes de Tesourería, como se ven facendo en todos os concellos que teñen remanentes de Tesourería.  En canto aos importes destinados a publicidade que di o portavoz socialista que se duplicaron en relación ao exercicio anterior, é absolutamente falso.  Non sabemos se o sr. Manuel Pazos sabe interpretar os datos da liquidación, tal como dixemos antes, e non sabemos se é por ese motivo ou por mala fe, pero o certo é que o importe destinado a publicidade no ano 2022 quedou en menos da metade do que comenta o portavoz socialista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario