MARÍN. 04.04.2023. As eleccións locais volverán celebrarse o próximo día 28 de maio e a alcaldesa, María Ramallo Vázquez, someterase de novo á súa reelección como candidata número un da candidatura que presentará o Partido Popular de Marín.
María Ramallo, que xa fixo historia nos comicios do 2011 converténdose, pola vontade da maioría dos marinenses, na primeira muller en Marín que accedía á Alcaldía, e despois de que se revalidase como rexedora municipal en sucesivos e consecutivos comicios (2015 e 2019), poida que de novo siga facendo historia, xa non só como a primeira muller alcaldesa de Marín, senón ademais por ser a candidata que máis lexislaturas conseguiu gañar por maioría absoluta. Remitíndonos a estes últimos catro anos a piques de vencer entrevistamos a María Ramallo para que nos faga un balance daqueles proxectos realizados baixo o mandato do seu Equipo de Goberno, e dos que deixa canalizados para a súa continuidade e cuxa execución quedará a cargo da nova Corporación Municipal que se constituirá tras o 28M.
Foto: DA |
- “Despóis de catro anos moi duros, quizais os máis duros que nos tocou vivir a todos aqui estamos para examinarnos, e facer balance do feito e propoñer avances cara a un posible novo mandato. Os proxectos máis importantes nesta lexislatura moitos deles foron terminados como a remodelación do Paseo alcalde Blanco ou a Avenida de Ourense nunhadas súas marxes, do mesmo xeito que varias urbanizacións de rúas converténdoas en espazos máis humanizados en Cantodarea e en Seixo cunha gran transformación urbana. No aspecto social o acondicionamento do Centro de Día e no educativo a remodelación integral dos centros escolares de Illa de Tambo, O Carballal e O Sequelo… Ademáis finalizáronse varías senllas peonís que comunican xa de maneira completa a Marín con Lapaman ata Cadro nun itinerario de varios quilómetros.
- Sí, por suposto.
- Iso depende do que decidan os marinenses. Pero o que sí lle podo decir que si iso ocurre e mentras teña a confianza dos marinenses e o respaldo sen fisuras do meu equipo, que é fundamental, e o ánimo e a ilusión para facer cousas por Marín, seguirei traballando para convertir a nosa cidade no mellor sitio para vivir.
- Cun porto de Interese Xeral do Estado, a única Academia da Armada como é a nosa Escola Naval Militar, e con cinco praias de Bandeira Azul, e espazos únicos cara o interior como o patrimonio arqueolóxico, e o Lago de Castiñeiras, temos os ingredientes perfectos para facer do noso espazo unha xoia, e cuídala e poñela en valor como atractivo turístico, como lugar de traballo e como enclave acolledor, e o noso compromiso.
- Que Marín e imparable. Coa nosa aposta decidida de colaboración entre o porto e a Escuela Naval, coa mellora urbana tan importante realizada nos últimos tempos, conectando as nosas parroquias para favorecer a nosa Movilidade, apostando claramente polo Deporte e a Cultura, e tamén as festas como inversións e actividade dinamizadora, non hai que nos pare sobre todo se estamos todos a unha, escoitando, sumando e multiplicando esforzos, con bo talante, enerxía positiva e tratando sempre de acertar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario