martes, 22 de diciembre de 2020

MARÍN. DATOS COVID-19. OS CASOS ACTIVOS DE CORONAVIRUS BAIXAN A 50 (-1)


MARÍN. 22.12.2020. A Consellería de Sanidade deu a coñecer os datos dos casos activos de coronavirus en Marín que a día de hoxe ascenden a 50, un menos respecto a onte e tres menos respecto a fai unha semana. 
Por outra banda e importante informar de que a Xunta de Galicia permitirá a mobilidade entre os concellos mesmo entre os que están pechados perimetralmente, como e o caso de Marín, durante os días de Nadal. Deste xeito, desde as 00.00 horas do día 23 ata as 23.00 horas do día 25, poderemos movernos dun concello a outro exclusivamente por motivos familiares, máis aló de razóns laborais ou sanitarias. A partir das 23.00 horas do día de Nadal, e alomenos ata as 00.00 horas do 29, esa mobilidade queda prohibida e volven rexer as normas en vigor. O toque de queda na noite do 24 de decembro amplíase ata a 01.30. As medidas para fin de ano anunciaranse tra-la xuntanza do comité clínico do 28 de decembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario