jueves, 24 de diciembre de 2020

MARÍN. PREMIOS E PREMIADOS DO CONCURSO DECORACIÓN DE NADAL.

Xurado do concurso de Decoración Navideña convocado polo Concello de Marín

MARÍN. 24.12.2020. O xurado do I Concurso de Decoración de Nadal, composto polas concelleiras Cristina Acuña, Raquel Soage, Itziar Álvarez e as dúas veciñas de Marín, Rosa María Fariña e Cristina Barreiro, reuníronse esta semana para dirimir o seu ditame sobre os premios que se outorgarán a cada unha das categorías que concurrían ao concurso. Tras visitar de forma presencial aos finalistas de cada categoría, o xurado deliberou e asegurou que o nivel acadado no concurso en todas as categorías foi “moi alto, o que denotou que a veciñanza e os comerciantes de Marín quixeron mostrar o seu apego a este Nadal tan estraño e diferente”. A unanimidade do xurado na súa decisión tamén denota o agradecemento a todos os participantes, que en total foron 104. Ademais, tamén se levou a cabo o sorteo entre todos os participantes de cada categoría.
Premiados / Comercio e/ou negocio: 1º premio: Carmencitas Moda Infantil – 300 euros.2º María José Estilistas – 200 euros
Sorteo entre os participantes: Mariam (MºAntonia Magariños) – 100 euros. Hostalaría: 1º premio: Los 3 Monos – 300 euros, 2º Os Cregos – 200 euros
Sorteo entre os participantes: Vinoteca Agustín – 100 euros. Comunidade de veciños: 1º premio: C.V. Vergel 1 – 300 euros. 2º premio: C.V. Virgen del Puerto – 200 euros
3º premio: C.V. Hermanos Pintos – 100 euros. 
Sorteo entre os participantes: C.V. Augusto Miranda 1 – 100 euros
Ventá e/ou balcón: 1º premio: Carmen Blanco Aguete – 300 euros. 2º premio: Mercedes Fernández Barreiro – 200 euros
3º premio: Elisabeth Iglesias Gil – 100 euros
Sorteo entre os participantes: Dolores Santo Vidal – 100 euros
Vivenda unifamiliar: 1º premio: Josefa Soage Santiago – 300 euros. 2º premio: Sonia Pazos García – 200 euros. 3º premio: Manuel Montenegro Iglesias – 100 euros
Sorteo entre os participantes: Ana María Cruz de Pazo – 100 euros

No hay comentarios:

Publicar un comentario