MARÍN. 23.12.2020. A alcaldesa de Marín, María Ramallo, participou este mediodía na reunión cos rexedores dos distintos concellos da área sanitaria e coa Consellería de Sanidade para avaliar a situación da pandemia nesta zona.
Marín ten hoxe 47 casos activos, tres menos respecto a onte, e unha incidencia acumulada a sete días de 37, e de catorce días de 148. Segundo indicou Sanidade, a situación continúa estable, pero é preciso seguir mantendo a vixiancia e as restricións, especialmente de cara ás datas que estamos a atravesar. Sentidiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario