Desde el año 2019 y durante tres años consecutivos más la playa de Loira contó con el distintivo de calidad 'bandera azul' otorgado por la Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC). Si embargo este año este arenal se quedó sin tal distinción debido a una serie de factores en su contra relacionados con la calidad de sus aguas de los que da cuenta el Grupo de Gobierno Municipal en una nota explicativa que transcribimos:
"A ADEAC vén de publicar a listaxe de praias que acadaron o distintivo de Bandeira Azul, entre as que se atopan as catro de Marín que desde hai anos son merecentes deste distintivo: Portocelo, Mogor, Aguete e O Santo. Sen embargo, desta vez, o noso areal de Loira non repetirá a Bandeira Azul, despois de acadala hai catro anos. Isto débese a que nalgunhas das analíticas quincenais que se lle realizan á agua da praia ao longo do ano, a calidade da auga foi BOA pero non EXCELENTE, un parámetro esencial para ADEAC de cara a outorgar a Bandeira Azul.
Desde o Concello de Marín, realizamos todas as melloras posibles nos últimos anos no sistema de bombeo para conseguir que a calidade hidráulica da Praia de Loira fose a mellor, pero seguen existindo algunhas conexións ilegais ao río que ao final afectan. Seguirase traballando para poder evitalas e así, de cara ao vindeiro ano, poder recuperar a Bandeira Azul para a praia. A pesar de que na praia de Loira este ano non haberá Bandeira Azul, o tratamento que se lle vai a dar desde o Concello á praia será o mesmo que até agora: manterase toda a limpeza, os socorristas e os accesos, todos aqueles servizos que desde o Goberno local consideran básicos para os areais.ç
No que respecta ao resto do litoral, seguimos conservando esa excelencia das nosas augas e levamos a cabo prácticas de sostibilidade ambiental que tamén son ben valoradas pola ADEAC, e que fan que ano tras ano revalidemos esas Bandeiras Azuis que levan tanto tempo ondeando xa en Portocelo, Mogor, Aguete e O Santo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario