María Ramallo Vázquez "reconectará' Marín co mar coa creación das piscinas de auga salgada
Recreación-maqueta das piscinas de auga salgada e do seu entorno, que proxecta o PP
El candidato socialista Manuel Pazos Lamoso pide el voto para el PSOE porque "é necesario que volvamos ter o dinamismo económico e social que nos merecemos"
MARÍN. 26.05.2023. No remate de campaña o candidato a Alcaldía polo PSOE, Manuel Pazos Lamoso, ofreceu un mitin na Praza 8 de marzo, na que estuvo acompañado polo secretario xeral provincial do PSdG-PSOE, David Regades e dos integrantes da candidatura, Luis Vilas e Mariola G. Recamán. Na súa arenga o candidato socialista dixo que “todo o mundo é consciente de que Marín está quedando atrás en moitísimos temas coma a falta de vivenda, de solo empresarial, de servizos, a perda de comercios, de poboación… Os nosos problemas xa non se poden ocultar por máis tempo ni por moita propaganda que se faga dende o Concello. Os marinenses, todos xuntos, temos que decidir este domingo cara onde queremos que se dirixa Marín nos próximos catro anos…”
Lucía Santos Omil, candidata nacionalista: “A xente percibe que o BNG ten un grandísimo equipo e que presenta unha folla de ruta clara e concreta para facer de Marín un concello de vangarda"
MARÍN. 26.05.2023. MARÍN. 26.05.2023. O BNG de Marín celebrou un Acto Público, ‘peche de campaña’, na Alameda Rosalía de Castro de Marín, ao que asistiron máis de 300 persoas. O acto foi presentado polos candidatos Tino Iglesias e Davinia Lojo, e contou coa brillante intervención musical de A Revolta e Montse Ogando. Lucía Santos Omil, candidata nacionalista á Alcaldía, manifesta que “a corrente de simpatía cara o BNG é imparábel e a ilusión que desborda esta candidatura e este proxecto vai encher de votos do BNG as urnas o vindeiro domingo 28 de maio”. Santos engade que “a xente percibe que o BNG ten un grandísimo equipo e que presenta unha folla de ruta clara e concreta para facer de Marín un concello de vangarda.” (Leer máis)
No hay comentarios:
Publicar un comentario