Van alá máis de cinco anos da apertura do Museo do Mar de Marín grazas á cesión temporal do actual local por parte de ABANCA , ó apoio dos máis de 400 socios e socias e ó traballo entusiasta dun gran grupo de persoas amantes do mar e do seu pobo que forman a directiva encabezada polo presidente José Antonio Pérez Santiago.
Durante este tempo foron moitos os colexios, centros de día, excursións e particulares que visitaron as instalacións.
O museo conta cunha ampla colección de obxectos, fotos e maquetas que día a día vai en aumento grazas ás achegas dos nosos veciños e veciñas, e dunha ampla colección de vídeos recompilación das vivencias daqueles que traballaron nos oficios vinculados co mar.
En estes cinco anos foron diferentes as actividades organizadas pola asociación: exposicións de pintura, numismática, maquetas e festivais de homenaxe ás e ós traballadores do mar que fixeron grande a Marín.
Tamén sufrimos unha perdida importante no grupo que forma a directiva durante a pandemia, o falecemento de Fernando Vicens importante membro fundador do Museo. Votando a vista atrás podo dicir que a creación do Museo do Mar de Marin é un dos acontecementos máis importantes dos últimos anos no noso municipio.
O futuro do Museo: É de todas e todos coñecida a precariedade na que se atopa o local de
Museo. É necesaria a implicación das administracións, en particular a
municipal, para dar unha solución.
A directiva convocou publicamente ás candidatas e candidatos a alcalde a
unha mesa redonda para escoitar de primeira man as súas propostas.
Durante o encontro escoitáronse moitas gabanzas e agradecementos ao
labor do Museo por parte dos representantes políticos, pero ao meu parecer
foron poucos os compromisos serios e cribles.
A compra do actual local por parte do Concello (VOX), ou a compra do edificio Baladron (BNG), son propostas que chocan de fronte co orzamento municipal e a vontade da propiedade. Sonan a quimera.
A proposta, se se pode definir así, feita polo PP de mirar a ver o que sucede coa Asociación e se co tempo continua co Museo chirría a desculpa e demostra que non cren no futuro do Museo. O PSOE co seu candidato sentado na realidade propuxo un compromiso firme para solucionar a necesidade de local para o museo, empeño que se plasmaría nos catro anos de mandato. Espero que isto se cumpra e non quede nunha promesa de campaña.
O futuro do museo pasa pola colaboración da Corporación que saia elixida o domingo 28. Desde a directiva estamos dispostos a colaborar estreitamente para resolver as necesidade dun local definitivo, polo que non imos pasar é por outros cinco anos de esquecemento municipal. Vostedes deciden.

Asinado: Xose M.ª Vilaboa (membro da A.C. por un Museo del Mar para Marín)
No hay comentarios:
Publicar un comentario