lunes, 29 de mayo de 2023

MARÍN. POS28M. VALORACIÓN DEL PSOE SOBRE EL RESULTADO DE LAS ELECCIONES MUNICIPALES. POR MANUEL PAZOS LAMOSO


"Asumo os resultados en primeira persoa e tomo boa nota. Non son os que esperaba"


"Tras as eleccións municipais de Marín do pasado domingo gustaríame facer unha valoración dos resultados.

O primeiro é felicitar a María Ramallo pola sua cuarta maioría absoluta. Tiven ocasión de felicitala persoalmente ao coñecerse os resultados pero tamén o quero facer de xeito público.

Respecto dos resultado da miña candidatura dicir que non foron os desexados. Estaba convencido de que melloraríamos os resultados de 2019 con bastante máis intensidade do que sucedeu. Agardaba que o traballo serio, honesto e propositivo destes últimos catro anos acadaría un maior respaldo veciñal, pero non foi así. Toca agora escoitar con máis intensidade o que se precisa de nós, aprender dos erros que seguro cometemos para mellorar e seguir traballando coa mesma ilusión que o fixemos ata o de agora.

Para ser xustos, tamén debo ter en consideración o contexto xeral destas eleccións. Quizáis a outros, á vista do que sucedeu por exemplo en Galicia onde o PSOE baixou a súa porcentaxe de voto en 3,7 puntos (11% menos), pódelles parecer un resultado suficiente ou mesmo bo que en Marín teñamos subido en 1,6 puntos a nosa porcentaxe de voto (8% máis). Ou que habendo 700 votos menos emitidos, o noso voto número de votos aumentase.

Pero para min os resultados ainda así non son o que esperaba. Agardaba poder contar con parte da confianza do electorado de esquerdas que apoiou a outros partidos e que nesta ocasión non se presentaban, pero non foi así. Foi o BNG quen tivo ocasión de absorber boa parte dese voto, o que elevou moito a súa representación ata acadar un bo resultado tamén para eles..

Asumo o resultado en primeira persoa e tomo boa nota. Toca agora escoitar a moita xente que nos votou e tamén aos que non nos votaron para coñecer o seu punto de vista para aprender, mellorar e seguir traballando coa mesma ilusión que o fixemos ata o de agora.."

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario