En relación con la 'denuncia' pública efectuada ayer por el vecino Manuel Crespo Cerqueiro sobre la limpieza y desbroce de una parcela en el Vial de Playas el Concello de Marín explica:
Que o particular levou a cabo a limpeza que lle corresponde á
súa parcela e despois volveu iniciar a retirada daquela maleza que polo vento
destes últimos días volveu invadir o espazo do vial destinado aos viandantes.
MARÍN. 24.05.2023. O Concello de Marín ten como prioridade no coidado do litoral o mantemento e
posta a punto de todas as praias e tamén do Viario que as percorre, considerado
como Sendeiro Azul pola ADEAC. Por iso, foron encargados os traballos para a
limpeza de toda a parte pública que transcorre por este tramo.
Pero no que respecta ás partes privadas, esta competencia é dos propietarios das
parcelas. O Concello sempre lles notifica que deben contratar a tala e a limpeza
das mesmas.
Así se actuou ao recibir o Concello de Marín unha queixa a modo de denuncia
dun veciño, polo que se deu por cuberta esta queixa.
A empresa encargada da execución dos traballos de limpeza para este particular
realizaron os labores pertinentes, deixando a maleza acopiada, pero coa nortada
deste días, esparcíronse estes retos. Solicitóuselles de novo que se limparan estes
excesos. Están neste punto e a limpeza do vial está practicamente rematada.
Polo tanto, por parte deste particular non existe desidia nin falta de seguemento.
Desde o Concello de Marin, esperan que efectivamente as persoas que non cumplen coa
debida limpeza das súas parcelas actúen de xeito cívico, xa que esta vexetación
que excede á parcela privada pode causar perigo aos viandantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario