Marián Sanmartín, concelleira de Festas: “O máis importante desta campaña é concienciar á xente de que Marín precísanos a todos. Este é o ano de apoiar o noso, porque necesitámolo”
MARÍN. 27.11.2020. Este Nadal, máis ca nunca, debemos apoiar a nosa economía local e axudar á reactivación da nosa vila. Esa é a mensaxe que quere lanzar o Concello de Marín nestas festas, para as que vén de presentar unha campaña de incentivación directa do consumo nos establecementos e locais de Marín, que foi presentada pola alcaldesa, María Ramallo, e as concelleiras de Comercio, Cristina Acuña, e de Festas, Marián Sanmartín e Raquel Soage.
A iniciativa consistirá no sorteo de 100 tarxetas regalo, cada unha por valor de 50 euros, a consumir en calquera local comercial ou de hostalaría de Marín, a excepción dos supermercados e das farmacias, considerados como servizos esenciais que puideron manter de xeito constante a súa actividade a pesar das distintas restricións que se veñen impoñendo pola crise sanitaria. Para participar do sorteo, será preciso realizar compras en Marín superiores a 30 euros de gasto e poderá participar calquera persoa maior de idade. Esta promoción estará activa dende o 1 de decembro ata o 16 de xaneiro (ambos incluídos) e o día 18 ás 12.00 horas celebraráse o sorteo no Salón de Plenos do Concello.
Este gasto pode realizarse en distintos tickets e tamén en distintos establecementos. Cando remate o prazo para realizar o gasto, os participantes terán que grapar todos os tickets e poñerlle no reverso o seu nome e apelidos, o DNI e o teléfono e deixalos no buzón que se habilitará na Caseta da Oficina de Turismo da Praza de España. As 100 tarxetas regalo poderán ser utilizadas desde a súa entrega ata o 27 de febreiro de 2021 de xeito exclusivo nos comercios, locais e negocios de Marín. A concelleira Sanmartín explicou que “con estas datas, axudamos a que a xente realice as súas compras de Nadal na nosa vila para así poder participar do sorteo e, despois, coas tarxetas regalo, axudamos a incentivar o consumo nos meses que xa tradicionalmente son malos para o sector”.
Tal e como explicaron as concelleiras, ao día seguinte da realización do sorteo, o 19 de xaneiro, publicarase a lista cos nomes das persoas premiadas na páxina web, nas redes sociais e no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, as persoas agraciadas serán citadas telefonicamente para a recollida das Tarxetas Regalo na Oficina de Turismo. Esta recollida terá que levarse a cabo entre o 20 e o 21 de xaneiro, en horario de 10.00 a 20.00 horas e aportando o DNI para cotexar os datos.
As concellerias Acuña, Soage e Sanmartín incidiron en que segundo resulte a campaña, non se descarta que se poidan repetir un formato similar para outras datas que sexan referentes dentro do ano comercial, coa finalidade de apoiar ao máximo a reactivación da economía local da vila.
“O máis importante desta campaña é concienciar á xente de que Marín precísanos a todos. Este é o ano de apoiar o noso, porque necesitámolo”, afirmou Marián Sanmartín.

Avanzan as inscricións para o I Concurso de Decoración de Nadal
Por outra banda, xa comezan a rexistrarse as primeiras inscricións para participar do I Concurso de Decoración do Nadal do municipio, que naceu co obxecto de fomentar a participación cidadá no embelecemento e ornamentación da vila, facendo cómplices a comerciantes, hostalería e veciñanza da imaxe navideña de Marín.
Poderán participar no concurso vivendas unifamiliares, comunidades de propietarios de edificios, hostalería, comercios e/ou negocios que estean ubicados no termo municipal de Marín.
Para poder participar será necesario presentar a solicitude que se indica no Anexo I, que está dispoñible, co resto das bases, na páxina web do Concello.
A decoración deberá estar exposta dende o 11 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021. Os adornos teñen que ser típicos de Nadal e a zona elexida para ser decorada ten que ser totalmente visible dende a vía pública.
Nesta ligazón aparece toda a información sobre as categorías e os premios:
http://www.concellodemarin.es/marin-encherase-de-maxia-co-i-concurso-de-decoracion-de-nadal/

No hay comentarios:
Publicar un comentario