A alcaldesa "lamenta que hai un incumprimento sistemático das medidas por parte da cidadanía especialmente no que ten que ver coas reunións con non convivintes”
MARÍN. 25.11.2020. A Consellería de Sanidade informou esta mañán que a incidencia acumulada a 14 días segue sendo elevada na gran maioría dos concellos da zona sanitaria de Pontevedra. No caso de Marín, a día de hoxe son 87 os casos activos. Tres menos que ayer. Isto supón unha baixada con respecto ás dúas semanas anteriores, pero "a incidencia segue sendo alta e non temos máis opcións que cumplir estritamente as normas", explicou a al caldesa María Ramallo, “que lamentou que hai un incumprimento sistemático por parte da cidadanía especialmente no que ten que ver coas reunións con non convivintes” "Se seguimos mantendo xuntanzas para tomar un café para levar ou para ir aos domicilios daqueles que non son os nosos convivintes, estamos facilitándolle o traballo ao virus", afirmou a rexidora municipal, que insiste en pedir aos veciños que fagan o esforzo de "cumprir estritamente con esta norma e todas as demáis".
No hay comentarios:
Publicar un comentario