jueves, 19 de noviembre de 2020

MARÍN. COVID-19. IMPORTANTE ACLARACIÓN. OS SERVICIOS SOCIAIS E AS PERSONAS EN CONFINAMENTO

Ante as opinións que se nos remiten por parte dalgunhas persoas en cuarentena polo Covid-19, e que veñen recurrindo os Servicios Sociais do Concello de Marín en busca de atención os problemas que se lles presentan como sair a realizar a compra, baixar a basura ou buscar medicamentos, recibimos, a petición propia, unha información do citado departamento no que se nos aclaran o tipo de axudas que lles poden prestar as persoas ou familias confinadas:


Sede de Servicios Sociais na Finca de Briz

"En relación a súa consulta aclararlle que nos Servizos Sociais non hai unha figura específica encargada das familias afectadas por Covid-19; esa competencia é exclusiva da Consellería de Sanidade.
Os Servizos Sociais Municipais dan respostas ás necesidades extraordinarias presentadas por persoas ou familias afectadas por Covid, naqueles casos nos que existindo confinamento de todo o núcleo de convivencia, poidan necesitar dalgunha atención especial pola súa condición de soidade, imposibilidade de apoio externo, avanzada idade, estado de saúde, etc.
Ademáis dos servizos habituais e propios deste Departamento, creouse o servizo derecollida de lixo porta a porta, que se leva a cabo entre 2 e 3 días por semana segundo sexa o caso, aplicado ás demandas descritas anteriormente.
Na actualidade hai un total de cinco unidades familiares soamente xa que por solidaridade, amizade ou relación familiar, as persoas afectadas contan co apoio de familia extensa, da veciñanza ou doutras persoas achegadas que, nestes casos, realizan non só unha función práctica (baixar o lixo, alcanzarlles unha compra, acercarlles unha medicación, ocuparse das mascotas, etc) senon que, ademáis, constituen un pilar de apoio moral importante nestas situacións de confinamento e aillamento forzoso".

Saúdos
M.ª Teresa Pérez Couselo
Traballadora Social / Teléfono: 986 838117
Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Marín 


No hay comentarios:

Publicar un comentario