A Consellería de Sanidade fixo públicos hoxe os datos de prevalencia acumulados nos últimos 7 días en Marín que se atopa en nivel vermello na catalogación da incidencia vírica realizada polas autoridades sanitarias. O número de casos activos notificados esta mañá por Sanidade é de 53, tres menos ca onte.
“Evidentemente, estamos preocupados”, afirmou esta mañá a alcaldesa,María Ramallo, que quere facer un chamamento á cidadanía. “Temos que extremar todo o posible as precaucións, cumplindo estritamente coas restricións que temos vixentes”.
Aínda que os casos activos descenden ou, polo menos teñen unha tendencia estable, “sabemos que se producen casos activos todos os días”, afirmou a alcaldesa. A natureza da gran maioría destes casos, que son asintomáticos, supón ademais un doble risco, “porque moitas veces, por non tomar as precaucións adecuadas, contáxiase aos entornos familiares”.
Maria Ramallo pide á veciñanza, máis ca nunca, “ter responsabilidade” en todo momento, especialmente naqueles nos que se detectan máis infraccións, como no consumo en terraza, “no que só se pode sacar a mascarilla ao consumir”. “Temos que tratar de reducir entre todos o número de casos, este é un esforzo colectivo no que o Concello está totalmente volcado”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario